[pology] Requerimentos dunha ferramenta de unión de ficheiros po a 3 vías

mvillarino mvillarino at kde-espana.es
Wed May 8 07:17:07 PDT 2013


Boa tarde,

pois que levo un tempo barallando este tema. Cruzóuseme cando aquelo da
proposta do translatewiki de meter unha interface web para traducir kde, e
seguín dándolle voltas ao asunto.
(de aí que teña traballos pendentes de remitir)

A cousa é que veña que tumba e dalle cheguei a elaborar un script en
python, dependente de pology, que realiza un "3-way merge" de ficheiros po,
 questá sen rematar e por exemplo sei que debería facer un procesamento
adicional das unidades de tradución de recoñecemento dos tradutores, e
tamén podería mellorar no que fai coas cabeceiras, pero que queredes que
vos diga, fai o traballo.

Peeeeero..... claro, faino como a min me peta, e non sei se iso é o
correcto.

Para quen queira coñecer máis dos detalles, podedes atopar o script onde
sempre (... kde.... /l10n-support/gl/coordinator_helper_scripts/ ... e non
me recordo o nome).

O que ven facendo é:

Sexan tres ficheiros po, tal vez, pero non necesariamente, "rebase-ados" no
mesmo ficheiro pot.
Apiloaos en capas, con "old" no fondo, seguido de "mine" e no cume "yours".
Defíne un criterio de "transparencia" das unidades de tradución das capas
que non son fondo.
Mira desde riba.

.. si, xa sei que se podería xeralizar a n ficheiros.

Por favor, comentarios.
-------------- next part --------------
An HTML attachment was scrubbed...
URL: <http://lists.nedohodnik.net/pipermail/pology-nedohodnik.net/attachments/20130508/f66899d7/attachment.htm>


More information about the pology mailing list